Limbo, a curtametraxe de Dani Viqueira, segue o camiño que abriu Dhogs

A curtametraxe Limbo, dirixida polo coruñés Dani Viqueira, estará presente o 24 de outubro na Semana do Cine de Autor de Lugo. A obra, que xa colleitou premios importantes tanto a nivel nacional como estranxeiro, implica un avance do cinema galego fantástico tras a irrupción de Dhogs.

Nun cinema que sempre apostou por un xénero documental ou que se acercaba ao mesmo como uns dos seus valores diferenciadores, Andrés Goteira revolucionou o panorama con unha película marabillosa que parece que abriu camiño ao xénero. Comparten moito máis que Germán Díaz na banda sonora e Lucía C. Pan na dirección de fotografía, teñen un camiño xuntos.

E en parte é o dos premios. Esta curtametraxe foi galardoada o pasado 20 de outubro co Mèlies de Prata no Festival Court Métrange de Rennes. Deste xeito, Limbo competirá polo Mélies de Ouro que se lle outorga á mellor curtametraxe fantástica europea.

Anteriormente, xa gañara o premio a Mellor Guión Galego no Curtocircuíto, o Premio do Xurado no Terrorificamente Cortos de Palencia e o galardón a Mellor Curtametraxe no Grimmfest de Manchester e no Festival de Cans.

Pódeche interesar...
Cineuropa 33 | O filme suspendido na inauguración por problemas técnicos terá un novo pase