Longa noite, nomeada á Mellor película europea nos XIII Premios Gaudí

A Academia do Cinema Catalá ven de publicar os seus nomeados para a súa décimo terceira edición, destacando A vampira de Barcelona, con catorce nomeacións, As nenas, con trece, e Sentimental, con oito, como as máis soadas desta edición. As nomeadas a mellor película en lingua catalá son A ofrenda, A muller ilegal, As dúas noites de onte e a propia A vampira de Barcelona. En mellor película en lingua non catalá, optan ao premio Adú, A voda de Rosa, As nenas e Sentimental.

No premio internacional da Academia, á Mellor película europea, atópase nomeada a galega Longa Noite, película de Eloy Enciso producida por Filmika Galaika. Competirá polo galardón con Little Joe (Jessica Hausner), Sobre o infinito (Roy Andersson) e Sorry we missed you (Ken Loach). O galego Mario Casas tamén opta ao premio de Mellor protagonista masculino polo seu papel en Non matarás, de David Victori.

A gala dos XIII Premios Gaudí terá lugar o vindeiro 21 de marzo de 2021, no Auditori del Fòrum CCIB.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.