‘Lux Æterna’: Provocación vulgar

Gaspar Noé é un director polémico, e con toda a razón. Non hai dúbida de que é unha das persoas con máis talento da súa xeración cun don especialmente para a posta en escena. Ademais, sempre está disposto a innovar a nivel formal nas súas películas. O problema para moita xente é en que dedica o seu talento. É literalmente un xenio do mal. Un director na beira contraria á moral social, unha persoa que reproduce dun xeito gráfico o peor do sistema.

E Gaspar Noé ten un problema, que é que lle gusta que falen del. Soamente se explica así as súas decisións máis polémicas e crueis nos seus filmes. Máis aló dunha autorealización egoísta, claro. Ninguén dubida da súa grande habilidade técnica, pero ás veces de querer chamar a atención entra no terreo do vulgar. E en Lux Æterna considero que cruza esa liña.

Esta mediometraxe conta a historia dun rodaxe nun exercicio de metacine que consiste en denunicar a moralidade de moito do cine e en facer unha denuncia da individualidade de moitos dos seus colegas reivindicando, entendo, que o cine ten unha natureza colectiva. Tamén parece que hai unha denuncia sobre a situación da muller nos filmes e sobre a violencia que exercen. E o fai exercendo violencia sobre a muller, igual son eu pouco entendido, pero a contradición é clara.

No técnico, coma sempre, moi ben. Nesta ocasión investiga sobre o formato rompendo en dúas partes a imaxe. Crea así unha narración poliédrica que perde (a propósito) ao espectador transmitíndolle unha sensación de estrés e probablemente de frustración que busca Noé, xa que é o que o senten as personaxes do seu filme.

Outro elemento interesante é a iluminación, que bebe bastante en certos momentos do seu anterior filme Climax. Esta cobra un especial protagonismo no momento no tramo final da película onte como todo é habitual no director todo explota nun cóctel de sensacións. Neste caso a través dunha luz epiléptica non alta para fotosensibles. Atreveríame a dicir que esta última afirmación hai que tomala dun xeito literal.

Lux Aeterna como experimento para que o director siga mellorando no aspecto técnico non digo que non sexa útil, pero como película penso que lle faltan moitos puntos. E ademais no fondo é certamente contraditoria. Gaspar Noé é un xenio do mal e ese papel penso que se lle respecta pola meirande parte do seu público, pero non creo tampoco que estea para dar leccións a ninguén de como facer cinema.

Título: Lux Æterna Director: Gaspar Noé Guion: Gaspar Noé Fotografía: Benoît Debie País: Francia Ano: 2019
2
Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.