Ar Condicionado (Mario Bastos, 2020)

Novos Cinemas (I): arriba e abaixo

O festival Novos Cinemas de Pontevedra é un dos máis especiais de toda Galicia, tanto pola súa aposta por filmes diferentes dentro do circuíto de festivais galegos, como pola súa converxencia entre cinema educación e as súas actividades paralelas. Cabe dicir que independentemente do que opine dos filmes pertencentes á súa sección oficial, apréciase un esforzo por parte do festival por ter unha programación á altura malia este ano 2020.

O primeiro filme que puiden ver foi Tal día hai un ano. Ambientada na Serra Morena andaluza, trata principalmente o tema da soidade. É un filme bastante incómodo, incluso certamente ditatorial co espectador, deses que para contar a súa mensaxe sacrifica toda concesión para quen a ve.

A soidade é contaba mediante grandes planos baleiros, poucos diálogos, un tratamento do son moi destacable e unha boa fotografía. Os personaxes do filme atópanse nunha rutina dura case sen diálogos, onde o encadre é o maior arma para narrar dun xeito audiovisual.

Tal día fixo un ano (Salka Tiziana, 2020)

Ar Acondicionado, dirixida por Fradique, é un dos filmes máis interesantes de todo o festival. Establece un escenario que nun principio poder parecer absurdo -os aparellos de aire acondicionado caen do ceo nunha cidade de Luanda- para construír unha filme cunha forte crítica social.

Por unha banda xa é destacable a nivel de imaxinario que estea ambientada nun entorno urbano. Normalmente se nos presenta África (non tanto mediante cine africano, senón con cine ambientado en África, que é ben diferente) como un continente onde hai pobreza pero vinculada a guerra ou falta de recursos. Iso existirá, pero Ar Acondicionado fuxe de todo discurso homoxéneo das ONG.

Establece un interesante diálogo nunha sociedade de clases entre arriba e abaixo vehiculado a través da caída de aire acondicionado nun ambiente case onírico onde a que soña é a clase dos desposuídos. En ocasións pérdese na súa proposta e hai secuencias que perde o seu punto, pero dende longo unha obra moi recomendable.

Fortezza (Emiliano Aiello e Ludovica Andò, 2019)

Pola súa banda Fortezza, dirixida por Ludovica Andò e Emiliano Aiello, é un claro exemplo de que algo magnífico no conceptual pode malograrse na súa execución. O filme presenta a uns soldados nunha fortaleza que agardan dun xeito infinito a un inimigo que nunca chega, mentres viven nese lugar por anos e anos.

A fortaleza funciona dun xeito semellante a unha prisión e é que os protagonistas do filme están interpretados por actores que están na cadea. Este diálogo entre realidade e ficción cun claro mensaxe de que o sistema penitenciario non funciona. O problema ben na posta en escena, que é bastante limitada, no ritmo narrativo, nalgunhas interpretación e en que hai un problema na adaptación. Esta película, baseada nunha obra de teatro, por momentos é demasiado pouco audiovisual.

O último filme desta primeira parte do Novos Cinema é The trouble with nature. Este filme danés dirixido por Illum Jacobi trasládanos ao século XVIII e ten como protagonista ao filósofo Edmund Burke, un dos pais da estética.

O filme é unha sorte de road movie polos Alpes franceses de Burke e a súa criada, onde a verdadeira protagonista é a natureza, a idea de sublime e de belo. Na película establécense varias teorías filosóficas apoiadas polo filme. Nalgúns puntos a interpretación de Burke é excesiva nun filme que fai unha parodia do mesmo para centrar a atención mentres o verdadeiramente importante ocorre detrás. Finalmente triunfa a idea romántica de natureza, e nada máis que dicir, porque esta película ten moitas capas, pero cómpre que se vexa.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.