O Que Arde, Longa Noite e Homomaquia, candidatas aos Premios Goya 2020

Os traballos dos realizadores galegos Óliver Laxe, Eloy Enciso e David Fidalgo Omil optan ás nomeacións para os premios do cine estatal

Anunciadas xa as candidaturas aos Premios Goya de 2020, atópanse entre as películas que optan á nomeación os traballos de varios realizadores galegos, destacando entre eles as candidaturas de Óliver Laxe por O Que Arde, con 15 candidaturas, Eloy Enciso por Longa Noite con 13, e Homomaquia de David Fidalgo Omil por Homomaquia, este último sendo candidato á mellor curtametraxe de animación.

O Que Arde é xa candidata a mellor película. Laxe optará por ser candidato a mellor director. Destacan tamén as candidaturas de Benedicta Sánchez e Amador Rivas aos premios de actriz e actor revelación. Inazio Abrao e Elena Fernández optarán á candidatura de mellor actor e actriz de reparto. Destacan tamén as candidaturas de Mauro Herce a mellor director de fotografía e Cristobal Fernández ao mellor montaxe.

O traballo de Eloy Enciso, Longa Noite, será candidata á mellor película, así coma o realizador a mellor director. Misha Bies Golas e Núria Lestegás optarán tamén á candidatura de mellor actor e actriz revelación, respectivamente. Patricia Saramago é candidata ao mellor montaxe, e destaca tamén de novo Mauro Herce como candidato a mellor director de fotografía tamén por esta película.

Non son, con todo, os únicos traballos de alma galega que se atopan no listado. A produtora galega Vaca Films logra colar entre as candidatas dous dos seus traballos: Feedback, do director galego Pedro C. Alonso, é candidata a 18 premios; e Quien a hierro mata de Paco Plaza destaca tamén con 17 candidaturas.

Pódeche interesar...
Terbutalina levarán súa nova música ao hábitat natural da banda