‘Ondina’: O mito que nunca morre

A nova edición do Festival de Cine Europeo de Sevilla comezou da man da nova película de Christian Petzold: Ondina, que logrou o Premio á Mellor Dirección. Conseguiu tamén o Premio Fipresci e o Oso de Plata á Mellor Interpretación Feminina na Berlinale, e foi recentemente nomeada a Mellor Película europea e a Mellor Actriz nos European Film Awards, que se celebrarán o próximo día 12 de decembro, cunha duración de cinco días.

A novena longametraxe do director alemán volve contar con Paula Beer e Franz Rogowski como dúo protagonista, como xa pasara en Transit, o seu anterior traballo. Nesta ocasión, Petzold decide contar unha historia de amor a través dunhas figuras mitolóxicas tan antigas e coñecidas como as sereas e as ninfas de auga, presentes no folclore occidental dende a Antiga Grecia. Estas mantivéronse na actualidade gracias a obras como A ondina do estanque, dos irmáns Grimm; O pescador e a súa alma, de Oscar Wilde ou, más recente, A sereíña de Disney. 

Petzold escolleu, neste caso, facer unha reinterpretación do relato decimonónico de Friedrich de la Motte Fouqué, unha obra romántica moi coñecida en Alemaña. Neste caso, Johannes adopta o papel de sir Lawrence quen, ao xurarlle fidelidade a Ondina e romper a súa promesa, vese na obriga de encarar a súa morte a mans dela, tal e como anticipa ao inicio do filme, cando Johannes lle anuncia que pensa abandonala, ao que Ondina responde: “se o fas, terei que matarte”.

Na súa cinta, Petzold mantivo a idea de amor intenso e tráxico, pero adaptándoo aos valores actuais xa que, tal e como dixo, “a Ondina do século XIX non é a do s. XXI”. Ondina deixa atrás a concepción clásica de muller sensual que non é máis que unha proxección da mirada masculina e do seu desexo sexual. En cambio, a protagonista desta película independízase desas ataduras e atópase a si mesma. Cando na roda de prensa que tiven o pracer de observar lle preguntaron ao director pola importancia do papel feminino, Petzold non dibudou en rescatar unha cita que lle marcou: “Os homes viven, as mulleres sobreviven e o cinema vai sobre a supervivencia”.

O director tampouco esquivou a oportunidade de falar da película como unha crítica ao sistema capitalista, xa que funciona como unha sorte de contraste entre unha historia de amor con trazas máxicas na fría cidade de Berlín. Este tema introdúcese a través do personaxe principal: é historiadora e traballa como guía nun museo falando sobre a historia urbana da cidade.

Así, mediante as largas explicacións que da Ondina, Petzold fálanos da complexidade de vivir nunha metrópole e establece unha comparación entre a fábula que da lugar á película e as grandes cidades, xa que en ambas conviven diferentes tempos históricos: mentres que nas cidades pasado e presente xúntanse nun mesmo espazo, as fábulas son historias do pasado que falan, tamén, do presente.Ondina é, en definitiva, unha nova visión dunha vella historia, unha forma de continuar coa mitoloxía que forma parte do imaxinario colectivo e que se mantén vixente. Un relato universal, comprensible sexan cales sexan os ollos que miren. Unha historia de amor e de redención. Non soamente súa, tamén nosa. Ao final, afundímonos na auga, como Ondina, cara a inmortalidade.

Dirección: Christian Petzold
Guión: Christian Petzold
Fotografía: Hans Fromm
Ano: 2020
País: Alemaña
4
Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.