‘Parasitos’ fai historia nuns Oscar moi repartidos

Contra todo pronóstico, o filme coreano Parasitos conseguiu facerse co máximo recoñecemento da gala do cine de Hollywood, onde conseguiu catro estatuíñas, converténdose na primeira película de fala non inglesa da historia en gañar o Oscar ao mellor filme do ano.

Todo o mundo contaba con que a película de Bong Joon-ho triunfase na categoría de mellor filme estranxeiro, mesmo o propio director, que a recoller esta estatuíña aseguraba que xa “estou listo para empezar a beber”. Con todo, rachando con todas as quinielas, Bong Joon-ho voltou a subir ao escenario a polo premio a mellor director e o de mellor película, que todo o mundo daba por sentado irían a caer as mans de Sam Mendes e a súa 1917, que finalmente só logrou impoñerse nos galardóns máis técnicos.

Houbo menos sorpresas nos premios á actuación. Joaquin Phoenix conseguiu facerse coa estatuíña polo seu remarcable traballo en Joker mentres que Renée Zellweger recibiu o Oscar polo seu papel protagonista en Judy. Nas categorías á mellor actuación de reparto os galardóns foron a parar as mans de Brad Pitt por Érase unha vez en Hollywood e Laura Dern por Historia dun matrimonio.

Nas categorías de guión, Parasitos tamén conseguiu facerse coa estatuíña na categoría de obra orixinal, mentres que Jojo Rabbit levou o Oscar ao mellor guión adaptado. Na categoría á mellor banda sonora, a cellista Hildur Gudnadottir tamén fixo historia esta noite ao convertirse na primeira muller en conseguir este galardón na historia, mentres que o (ata fai pouco) sempre esquecido Roger Deakins logrou seu segundo Oscar pola súa impactante fotografía en 1917.

A gran derrotada da noite foi sen lugar a dúbidas O irlandés, de Martin Scorsese, que marchou sen un só premio, quizáis polo habitual rexeitamento da Academia aos filmes producidos por Netflix. Aquí podedes consultar a listaxe completa dos premios:

Premio a Mellor película

  • Ganador: Parasitos
  • Le Mans ’66
  • O irlandés
  • Jojo Rabbit
  • Joker
  • Mulleriñas
  • Historia dun matrimonio
  • Érase unha vez en Hollywood
  • 1917

Premio a Mellor dirección

  • Gañador: Bong Joon Ho por Parasitos
  • Martin Scorsese por O irlandés
  • Todd Phillips por Joker
  • Sam Mendes por 1917
  • Quentin Tarantino por Érase unha vez en Hollywood

Premio a Mellor actor protagonista

  • Gañador: Joaquin Phoenix por Joker
  • Antonio Banderas por Dor e gloria
  • Leonardo DiCaprio por Érase unha vez en Hollywood
  • Adam Driver por Historia dun matrimomio
  • Jonathan Pryce por Os dous papas

Premio a Mellor actriz protagonista

  • Gañador: Renée Zellweger por Judy
  • Cynthia Erivo por Harriet
  • Scarlett Johansson por Historia dun matrimonio
  • Saoirse Ronan por Mulleriñas
  • Charlize Theron por O escándalo

Premio a Mellor actor de reparto

  • Gañador: Brad Pitt por Érase unha vez en Hollywood
  • Tom Hanks por Un amigo extraordinario
  • Anthony Hopkins por Os dous papas
  • Al Pacino por O irlandés
  • Joe Pesci por O islandés

Premio a Mellor actriz de reparto

  • Gañador: Laura Dern por Historia dun matrimonio
  • Kathy Bates por Richard Jewell
  • Scarlett Johansson por Jojo Rabbit
  • Florence Pugh por Mulleriñas
  • Margot Robbie por O escándalo

Premio a Mellor guion orixinal

  • Gañador: Bong Joon Ho & Han Jin Won por Parasitos
  • Rian Johnson por Puñais pola espalda
  • Noah Baumbach por Historia dun matrimonio
  • Sam Mendes & Krysty Wilson-Cairns por 1917
  • Quentin Tarantino por Érase unha vez en Hollywood

Premio a Mellor guion adaptado

  • Gañador: Taika Waititi por Jojo Rabbit
  • Steven Zaillian por O irlandés
  • Todd Phillips & Scott Silver por Joker
  • Greta Gerwig por Mulleriñas
  • Anthony McCarten por Os dous papas

Premio a Mellor Película estranxeira

  • Gañador: Parasitos
  • Corpus Christi
  • Honeyland
  • Os miserables
  • Dor e gloria

Premio a Mellor película animada

  • Gañador: Toy Story 4
  • Cómo entrenar ao teu dragón 3
  • ¿Dónde está o meu corpo?
  • Klaus
  • Mr. Link. A orixe perdida

Premio a Mellor banda sonora orixinal

  • Gañador: Hildur Guðnadóttir por Joker
  • Alexandre Desplat por Mulleriñas
  • Randy Newman por Historia dun matrimonio
  • Thomas Newman por 1917
  • John Williams por Star Wars: O ascenso de Skywalker

Premio a Mellor canción

  • Gañador: “(I’m Gonna) Love Me Again” de Elton John e Bernie Taupin por Rocketman
  • “I Can’t Let You Throw Yourself Away” de Randy Newman por Toy Story 4
  • “I’m Standing With You” de Diane Warren por Máis alá da esperanza
  • “Into the unknown” de Kristen Anderson-Lopez e Robert Lopez por Frozen II
  • “Stand up” de Joshuah Brian Campbell e Cynthia Erivo por Harriet

Premio a Mellor dirección de fotografía

  • Gañador: Roger Deakins por 1917
  • Rodrigo Prieto por O irlandés
  • Lawrence Sher por Joker
  • Jarin Blaschke por O faro
  • Robert Richardson por Érase unha vez en Hollywood

Premio a Mellor película documental

  • Gañador: Steven Bognar, Julia Reichert e Jeff Reichert por American Factory
  • Feras Fayyad, Kirstine Barfod e Sigrid Dyekjær por The Cave
  • Petra Costa, Joanna Natasegara, Shane Boris e Tiago Pavan por La democracia en peligro
  • Waad al-Kateab e Edward Watts por For sama
  • Ljubo Stefanov, Tamara Kotevska e Atanas Georgiev por Honeyland

Premio a Mellor curta documental

  • Gañador: Carol Dysinger e Elena Andreicheva por Learning to skateboard in a warzone (if you are a girl)
  • Yi Seung-Jun e Gary Byung-Seok Kam por In the absence
  • John Haptas e Kristine Samuelson por Life overtakes me
  • Smriti Mundhra e Sami Khan por St. Louis Superman
  • Laura Nix e Colette Sandstedt por Walk run cha-cha

Premio a Mellor curta animada

  • Gañador: Matthew A. Cherry e Karen Rupert Toliver por Hair Love
  • Daria Kashcheeva por Dcera (Daughter)
  • Rosana Sullivan e Kathryn Hendrickson por Kitbull
  • Bruno Collet e Jean-François Le Corre por Memorable
  • Siqi Song por Sister

Premio a Mellor curta de ficción

  • Gañador: Marshall Curry por The Neighbors’ Window
  • Meryam Joobeur e Maria Gracia Turgeon por Brotherhood
  • Yves Piat e Damien Megherbi por Nefta Football Club
  • Bryan Buckley e Matt Lefebvre por Saria
  • Delphine Girard por A sister

Premio a Mellor deseño de vestuario

  • Gañador: Jacqueline Durran por Mulleriñas
  • Sandy Powell e Christopher Peterson por O irlandés
  • Mayes C. Rubeo por Jojo Rabbit
  • Mark Bridges por Joker
  • Arianne Phillips por Érase unha vez en Hollywood

Premio a Mellor montaxe

  • Gañador: Michael McCusker e Andrew Buckland por Le Mans ’66
  • Thelma Schoonmaker por O irlandés
  • Tom Eagles por Jojo Rabbit
  • Jeff Groth por Joker
  • Yang Jinmo por Parasitos

Premio a Mellor maquillaxe y perruquería

  • Gañador: Kazu Hiro, Anne Morgan e Vivian Baker por O escándalo
  • Nicki Ledermann e Kay Georgiou por Joker
  • Jeremy Woodhead por Judy
  • Paul Gooch, Arjen Tuiten e David White por Maléfica: Maestra do mal
  • Naomi Donne, Tristan Versluis e Rebecca Cole por 1917

Premio a Mellor deseño de produción

  • Gañador: Production Design: Barbara Ling; Set Decoration: Nancy Haigh por Érase unha vez en Hollywood
  • Production Design: Bob Shaw; Set Decoration: Regina Graves por O irlandés
  • Production Design: Ra Vincent; Set Decoration: Nora Sopková por Jojo Rabbit
  • Production Design: Dennis Gassner; Set Decoration: Lee Sandales por 1917
  • Production Design: Lee Ha Jun; Set Decoration: Cho Won Woo por Parasitos

Premio a Mellor efectos sonoros

  • Gañador: Paul Massey, David Giammarco e Steven A. Morrow por Le Mans ’66
  • Gary Rydstrom, Tom Johnson e Mark Ulano por Ad Astra
  • Tom Ozanich, Dean Zupancic e Tod Maitland por Joker
  • Mark Taylor e Stuart Wilson por 1917
  • Michael Minkler, Christian P. Minkler e Mark Ulano por Érase unha vez en Hollywood

Premio a Mellor son

  • Gañador: Oliver Tarney e Rachael Tate por 1917
  • Donald Sylvester por Le Mans ’66
  • Alan Robert Murray por Joker
  • Wylie Stateman por Érase unha vez en Hollywood
  • Matthew Wood e David Acord por Star wars: O ascenso de Skywalker

Premio a Mellores efectos especiais

  • Gañador: Guillaume Rocheron, Greg Butler e Dominic Tuohy por 1917
  • Dan DeLeeuw, Russell Earl, Matt Aitken e Dan Sudick por Avengers: Endgame
  • Pablo Helman, Leandro Estebecorena, Nelson Sepulveda-Fauser e Stephane Grabli por O irlandés
  • Robert Legato, Adam Valdez, Andrew R. Jones e Elliot Newman por The Lion King
  • Roger Guyett, Neal Scanlan, Patrick Tubach e Dominic Tuohy por Star Wars: O ascenso de Skywalker
Pódeche interesar...
O Melona Fest confirma a novos artistas cun sabor andaluz