‘RUN’, a nova comedia da HBO protagonizada por Merritt Wever e Domhnall Gleeson, chegará o 13 de abril

A serie é da mesma produtora que trouxo Feridas Abertas, e procurará facerse un oco entre as nosas series de media hora favoritas.

Escrita e producida por Vicky Jones, RUN é a nova serie de comedia da HBO, e que se estreará o vindeiro luns 13 de abril en episodios de media hora. A historia segue a unha muller cuxa monótona vida se pon patas arriba cando recibe unha mensaxe de texto do seu amor de universidade invitándoa a deixalo todo e reunirse con el en Nova York, para cumplir así o pacto que fixeron 17 anos antes.

 RUN estará protagonizada pola gañadora do Emmy Merritt Wever (Godless, Nurse Jackie) e Domhnall Gleeson (Black Mirror, Catastrophe), completando o reparto da primeira temporada actrices como Phoebe Wallen-Bridge (Fleabag), Rich Sommer (Mad Men), Tamara Podemski (Coroner) ou Archie Panjabi (The Good Wife).

A serie está producida por Vicky Jones, Phoebe Waller-Bridge, Jenny Robins, Kate Dennis, Emily Leo e Oliver Roskill de Wigwam Films. As produtora tras RUN é eOne, quen están detrás doutras series da HBO como Feridas abertas.

Pódeche interesar...
‘Bojack Horseman’ (T6): A redención do home cabalo