‘Só nos queda bailar’: Como é ser homosexual en Xeorxia?

O filme de Levan Arkin destaca pola súa forma de narrar a través do baile

Só nos queda bailar é o terceiro longametraxe do director sueco de orixe xeorxiano Levan Arkin, que nesta ocasión propón analizar o uso da tradición o seu pobo de orixe e elaborar a través dunha mirada progresista a través do relato de Mareb, un bailarín de danza tradicional xeorxiana homosexual que se afronta ao reto de intentar coñecerse a si mesmo nun entorno adverso.

O filme do sueco de orixe xeorxiano Levan Arkin explora como a tradición

É moi interesante como se presenta no filme o contexto político, xa que lle da un valor identificación nacional á danza. Esta está representada como unha representación ideolóxica e é unha correa de transmisión dos valores algúns valoras neste caso coa nación

Unha masculinidade autoritaria, ríxida e incluso violenta á par dunha feminidade sometida e “virxinal”, entendendo este termo como unha pureza idealista. Un mundo retrógado que viu afianzada esa condición durante as últimas décadas. A estrea do filme foi moi polémico en Xeorxia e a igrexa ortodoxa tentou boicotealo por todos os medios, incluíndo mediante disturbios graves.

Fóra da representación oficialista da escola de danza e o comportamento impostado dos seus alumnos, a forma de vivir real que non dista moito de calquera país, sexa isto bo ou malo. Unhas persoas novas que consumen drogas, divírtense e necesitan traballar á par de estudar se son humildes. A danza xeorxiana representa unha saída utópica para quen non o ten e un obxectivo, un salvavidas en forma de status que é en moitas ocasións unha píldora envelenada.

NARRAR A TRAVÉS DO BAILE

Un dos elementos que máis destacan no filme é a dirección durante as secuencias de baile, os momentos onde a narración é máis metafórica pero ten máis forza. As que abren o filme están rodadas dun xeito practicamente documental e cunha grande rixidez. Co paso dos acontecementos, engaden elementos de grande sensualidade, emoción, complicidade entre personaxes e incluso un fetichismo de ver e ser visto.

A mensaxe do filme ao respecto é que aínda que a queiran reprimir, ten un grande compoñente sexual e serve de catalizador dos sentimentos dos personaxes. Neste camiño, o actor protagonista, Levan Gelbakhini, fai unha interpretación soberbia. Máis se se ten en conta que é o seu debut no medio. Dálle matices moi importantes nas secuencias anteriormente nomeadas e leva o peso dramático dun xeito moi destacable. ´

Só nos queda bailar  lembra en ocasións pola súa gran fisicidade a Girl, o filme de Lukas Dhont que marabillou no 2018. Tamén trataba sobre unha temática LGTB, pero neste caso dáselle moito máis importancia ao contexto político, á sociedade é realmente o maior inconveniente. É finalmente un relato bastante menos intimista.

OS FEITOS NON CADRAN

A parte máis frouxa do filme é o seu guión, que non está á altura dos temas tan transcendentais que trata. Tras tomarse cunha calma necesaria a presentación do universo e personaxes e facer unha aproximación a un tema tan complexo como é a danza xeorxiana, dende que entra no seu punto de xiro central o filme parece outro. E non para ben.

Dende que o protagonista é completamente consciente da súa sexualidade, ten uns comportamentos que non están o suficientemente ben xustificado que o expoñen dun xeito igualmente incomprensible. A narración avanza nunha fuxida cara adiante onde os actos teñen unhas consecuencias bastante relativas.

Se ben o final é todo o satisfactorio que pode ser dadas as circunstancias, un armazón bonito non pode tapar un desenvolvemento torpe e que fai que se bote de menos unha mellor montaxe que deixara un sabor menos agridoce ao resultado.

Director: Levan Arkin
Guión: Levan Arkin
Fotografía: Lisabi Fridell
Música: Zviad Mgebry, Ben Wheele
Ano: 2019
País: Suecia
3
Pódeche interesar...
O primeiro pase de ‘Eroski Paraíso’ fóra de Galicia será en Londres