‘The Assistant’: A voz silenciada

No ano 2017 saíron á luz as primeiras testemuñas de violencia sexual e acoso por parte de Harvey Weinstein, fundador da produtora Miramax e un dos magnates máis importantes de Hollywood. Relatos de actrices da talla de Gwyneth Paltrow, Rosanna Arquette ou Angelina Jolie deron paso ao MeToo, movemento iniciado por Alyssa Milano a través de Twitter. Isto, que se iniciou como unha forma de dar voz ás vítimas da industria do cinema, acabouse expandindo a todos os ámbitos, mostrando e demostrando que se trata dun problema sistemático.

Como consecuencia do MeToo nos últimos anos chegaron á gran pantalla películas que mostraban relatos de abusos machistas. É o caso, por exemplo, de O escándalo (Jay Roach), que conta a historia real de tres traballadoras de Fox News que decidiron expoñer ao director executivo Roger Ailes. Segue esta liña en certa medida The Assistant, nova película de Kitty Green, que mostra neste caso un día da vida de Jane (Julia Garner), que traballa como asistente dunha produtora cinematográfica.

Así, acompañamos a Jane mentres responde chamadas, compra a comida ou fai fotocopias nunha oficina que Kitty Green asegurouse de presentar coma un espacio extremadamente hostil para Jane, que é a primeira en chegar e a última en irse. Que é invisibilizada por completo polos seus compañeiros de traballo, quen se encargan de facerlle saber que é a parte prescindible da empresa e que non lle dirixen a mirada nin unha palabra salvo para queixarse ou darlle consellos. Este continuo maltrato non atopa unha resposta agresiva por parte de Jane, pero amósase no progresivo desgaste psicolóxico que Julia Garner transmite gracias a unha actuación contida pero potente.

Se O escándalo era unha superprodución protagonizada por tres estrelas: Charlize Theron, Nicole Kidman e Margot Robbie, e que buscaba por estes medios expoñer os abusos e chegar ao maior número de xente posible, The Assistant presenta un relato que cocíñase a lume lento e onde o que é realmente importante atópase detrás das cortinas. Ao realizar os seus recados rutineiros, Jane encontra unha serie de pistas que lle dan a pensar que o xefe da empresa abusa sistematicamente de mulleres novas que promete contratar e “levar ao máis alto”.

Ao final, The Assistant mostra a dificultade que supón intentar solucionar un problema cunhas raíces que son moi amplas e que moitos asumen como algo normal: “non te preocupes, ela sacará máis proveito que el, asegúrocho”. A súa importancia radica en como mostra o acoso sexual como un feito silenciado e cheo de cómplices, do que ninguén fala pero todos saben que existe e que é perpetuado precisamente por esta actitude pasiva.

Directora: Kitty Green
Guión: Kitty Green
Fotografía: Michael Latham
Música: Tamar-Kali Brown
Ano: 2019
País: EEUU
4
Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.