The Irishman, o novo de Martin Scorsese, estréase en 10 cines galegos

A película producida por Netflix pasa pola gran pantalla antes de chegar á plataforma de streaming o vindeiro 27 deste mes

E, por fin, a nova película de Martin Scorsese e o seu novo achegamento ao mundo das mafias italoamericanas chegou ao cine. Preestreada no Festival de Nova York o 27 de novembro e chegando aos corazóns de toda a crítica internacional, chega o momento do espectador de recibir a nova obra do director de Taxi Driver ou Toro Salvaxe.

The Irishman conta a historia de Frank Sheeran, un veterano da Segunda Guerra Mundial convertido en estafador e sicario. Estamos ante a crónica dun dos grandes misterios sen resolver dos Estados Unidos: a desaparición do sindicalista Jimmy Hoffa. Trátase dunha viaxe polas entrañas do crime organizado, que tentará relatar os seus mecanismos internos, as súas rivalidades e as súas conexións coa política.

En Galicia, poderá verse nos seguintes cines:

A Coruña

  • Cantones Cines – A Coruña
  • Cine Dúplex – Ferrol
  • Multicines Compostela – Santiago de Compostela
  • Cinema Numax – Santiago de Compostela

Lugo

  • Codex Cinema – Lugo
  • Cines Viveiro – Viveiro

Ourense

  • Galicine Ponte Vella – Ourense

Pontevedra

  • Cinexpo – Pontevedra
  • Galicine Plaza Elíptica – Vigo
  • Multicines Norte – Vigo

A película, producida por Netflix, estrearase na plataforma de streaming o vindeiro 27 de novembro.

Pódeche interesar...
Crash Team Racing e as microtransaccións