Uqui Permui: "O deseño social ten que implicar á xente"

Uqui Permui é unha deseñadora gráfica e artista audiovisual galega. Cunha carreira de máis de 25 anos as súas costas, Uqui é socia fundadora da asociación galega de deseñadores DAG, e o seu traballo caracterízase polos enfoques multidisciplinares e as estratexias colaborativas.

A pesares de que o seu nome pode resultar descoñecido para moita xente, a súa campaña Compostela en negro leva sendo un enórme éxito na capital galega dende hai xa anos, estendéndose tamén a outras localidades ao longo da nosa xeografía.

Pódeche interesar...
Ortiga presentará seu disco na Sala Malatesta