Aventuras, penurias e gorilas: 'A lenda de Sally Jones'

A lenda de Sally Jones é un dos títulos que nos achega a editorial canguesa Sushi Books, un álbum ilustrado de aventuras protagonizado por unha curiosa personaxe: unha gorila.

a lenda de sally jones
Autor
Jakob Wegelius
País
Galicia
Ano
2016
Editorial
Sushi Books
A nosa puntuación
4

Todo comeza coa pequena cría de gorila, a cal vive feliz cos seus na xungla africana. Un día é raptada por uns cazadores que a levan prisioneira e a venden a un comerciante. Será a primeira das moitas peripecias polas que pasa a protagonista, que se caracteriza por posuír unha grande intelixencia e capacidade de adaptarse tras todas as desgrazas que lle suceden. Nas súas aventuras, esta peculiar mona coñecerá a crueldade, a traizón e a cobiza humanas, pero tamén o poderosos que son o amor e a amizade.
Estamos ante un exemplo de boa literatura infantil. Que significa isto? Literatura, en maiúsculas, da que poden desfrutar todos os públicos, tamén os adultos. A narración lévanos con naturalidade por toda clase de escenarios, e presenta unha serie de personaxes variopintas que intervendrán, para ben ou para mal, no devenir da peluda protagonista.
A mensaxe que transmite é poderosa, e a crítica social certeira, en especial no que respecta aos dereitos dos animais; Sally é maltratada unha e outra vez por humanos que só pensan no seu beneficio.
As ilustración son unha marabilla. Se ben é certo que non comunican nada que non estea no texto, son o que fan do libro unha xoia que paga a pena ter, porque quererás volver a ela de novo.
Boas noticias: A lenda de Sally Jones consta dunha secuela, O mono do asasino. Esta segunda parte está narrada pola propia Sally e recupera a personaxe de Afonso Morro. Consta dun menor peso das ilustracións, e foi a obra que lle valeu a Jakob Wegelius para gañar o Premio Augusto da Asociación de Editores de Suecia.

Pódeche interesar...
Longo pétalo de mar: Unha historia de Isabel Allende sobre loitas e exilios