Henrique Rabuñal presenta ‘Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra’ en Santiago de Compostela

A presentación celebrarase o 20 de febrero, ás 19:30h, na libraría Couceiro.

O vindeiro xoves, 20 de febrero, a libraría Couceiro de Santiago de Compostela acollerá a presentación de Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra, onde diferentes narradores darán detalles sobre o conxunto da obra literaria, lingüistica ou filolóxica de Carvalho Calero e as súas etapas biográficas. Recordamos que este ano, o día das Nosas Letras será dedicado a este personaxe.

Henrique Rabuñal, quen firma o libro, é doutor en Filoloxía Galega pola USC, e catedrático de Lingua e Literaturas galegas. Destaca como biógrafo, e nos seus estudos neste ámbito destacan xa as biografías de Manuel Murgía, Marinhas del Valle, o padre Sarmiento, Lugrís Freire e Xosé María Álvarez Blázquez. Na presentación estará acompañado polo escritor Manuel Portas.

Pódeche interesar...
SUMRRÁ volven á Casa das Crechas este domingo, en Santiago de Compostela