‘O bestiario científico de Anxos Nogueirosa’, construíndo novas mitoloxías galegas

Qué es esto?

Autor
Antonio M. Fraga
País
Galicia
Ano
2018
Editorial
Urco Editora
A nosa puntuación
4

Unha das lacras que asoballan ao idioma galego desde xa hai moitos anos é certa falta de conexión coa xuventude, mentres que dentro da mocidade universitaria é un asunto que semella estar a reverterse e arranxarse ata certo punto, dentro da adolescencia é aínda complexo achegar o idioma a este importante núcleo social.

A falta de referentes culturais no país para as persoas desta idade é sangrante a moitos niveis, mais mergullándonos nos diferentes eidos atopamos certas xoias, pouco apoiadas e publicitadas, que ata certo punto poden subsanar esta problemática. “O Bestiario de Anxos Nogueirosa” pode entrar perfectamente dentro deste grupo.

A medio camiño entre o relato xuvenil tradicional galego de corte rural e a fantasía máis moderna está o libro escrito por Antonio M. Fraga, ilustrado marabillosamente por Víctor Rivas e editado por Urco Editoria.

O libro móvese entre dúas narracións, a historia dun rapaz que pasa o verán no Sanatorio Marítimo de Oza despois de enfermar na súa humilde aldea de orixe, e as aventuras que lle ocorren a xove científica Anxo Nogueirosa, relatadas a través dun libro que se introduce na diéxese da historia, onde se nos conta como se van descubrindo diferentes especies animais novas, relacionadas sempre intrínsecamente a natureza galega, creando unha especie de mitoloxía propia, que se materializa a través das excepcionais e fermosas ilustracións de Víctor Rivas.

Estas historias mesturan dalgún xeito a idea de outros bestiarios famosos coma o popular “Animais Fantásticos…” cunha narración xuvenil máis dinámica e tradicional, que por outra parte, é o que conxuga a historia principal, onde o protagonista vive as típicas aventuras adolescentes, enmarcadas dalgún xeito nun espazo e ambiente moi logrado, xa que se enmarca na Galicia da época prefranquista, e en poucas palabras descríbese moi ben o pesar deses tempos.

Dalgunha maneira, “O Bestiario de Anxos Nogueirosa” da unha alternativa a literatura xuvenil galega máis habitual, incluindo o elemento da fantasía e esa narrativa tan atractiva dun bestiario, que é moi propio e que apela tanto a Galicia, con animais tan realmente fantásticos coma unha especie de cervo con cornos de toxo en flor (que foi o que persoalmente máis me impactou).

É unha pena que este tipo de libros non se publiciten máis desde o eido educativo e desde os medios de comunicación, ou as propias librerías, especialmente aquelas máis arraigadas ao país, xa que esta literatura que se asoma a xéneros que se afastan un chisco da tradición escrita galega máis coñecida (pero que tamén conta con importantes referentes coma o propio Cunqueiro) atrae máis facilmente aos xóvenes galegos cara a nosa lingua.

Pódeche interesar...
Da Galia a Gilead: dez títulos para gozar da literatura traducida ao galego