Así soa ‘Juro Que’, o novo single de Rosalía

Rosalía ven de publicar un videoclip para un novo sinxelo chamado Juro Que. O vídeo, dirixido por Tanu Muino, está coprotagonizado polo actor español Omar Ayuso (coñecido polo seu papel na serie de Netflix Elite), que fai as veces dun noivo encarcerado pola propia Rosalía .

A artista catalana está nomeada a dous premios nos Grammys 2020, os cales teñen lugar esta noite de domingo, xaneiro 26. Rosalía aspira a facerse cos recoñecementos a Mellor Artista Novo e Mellor disco de Rock latino, Urbano ou Alternativo.

Podedes ler a nosa crítica de El Mal Querer, o último disco de Rosalía, neste enlace.

Pódeche interesar...
‘O Irlandés’, gran esquecido duns moi repartidos Globos de Ouro 2020