‘Father of All Motherfuckers’ amosa a uns Green Day desdibuxados

Release Date
7 Febreiro, 2020
Discográfica
Reprise Records
Xénero
Pop-Rock
Our Score
3.9

Green Day soamente tiveron algo de punk nos seus inicios, co tempo, e especialmente a medida que se foron gañando un oco no mainstream, seu son foi mudando cara un pop rock animado marcado por letras de protesta e melodías pegadizas. Pode gustarche ou non Green Day pero se hai algo que non se pode negar é que os estadounidenses conseguiron dar forma a un son propio, recoñecible ao momento. Por esta razón un dos grandes problemas de Father of All Motherfuckers é que non soa a un disco de Green Day.

O novo álbum dos estadounidenses semella ter moi claro o que quere ser, unha reivindicación do rock & roll como o xénero musical máis cool, irreverente e honesto. O problema esá en que Father of All Motherfuckers erra estrepitosamente ao recurrir as clichés do rock máis gastados, a un son pouco atrevido e unha produción artificial que fai que este disco semelle unha construción coidada ao detalle e que aínda así non consegue funcionar.

Nos primeiros momentos parece que o disco o intenta e case o consegue. A canción que da título ao álbum e que abre este traballo así como Fire, Ready, Aim teñen ritmo e certa enerxía, aínda que soan en boa medida a un refrito de bandas de rock revival dos anos 2000. Fire, Ready, Aim mesmo roza o plaxio de Hate to Say I Told You So de The Hives. Pero a partires deste arranque as cousas todavía empeoran máis.

Esa reivindicación do rock que semella levar por bandeira o disco desdibúxase con cancións como Oh Yeah!, que por moito que manteña as guitarras eléctricas é unha canción pop con aires descafeinados, igual que Meet Me on the Roof ou Junkies on a High. Por outra banda en Stab You in the Heart a banda aposta por voltar aos primeiros anos 60 cunha cancion de rock clásico na que todos os riffs de guitarra, melodías de voz e arranxos posibles que caracterizan ese son vintage aparecen un detrás doutro, case como se a banda tratase de dar forma a unha especie de monstro de Frankenstein musical.

En discos como American Idiot Green Day xa se alonxaran do punk cara un son máis pop, pero iso non era un problema, xa que o facían cun son divertido e persoal. Pero en Father of All Motherfuckers Green Day parecen estar aburridos, desinteresados pola música que están a tocar, que non fai máis que lembrarnos de maneira constante a cancións que xa escoitamos previamente, e que nin daquela nos chegaran a namorar. Green Day apostaron por reivindicar o rock, pero fixérono poñendo sobre a mesa todos os elementos que fan que este xénero musical cada vez funcione menos no mainstream.

3.9
Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.