FKA twigs estrea ‘sad day’, novo adianto de MAGDALENE

O segundo álbum da artista londiniense chegará este 8 de novembro

Dende o primeiro momento, FKA twigs foi sorpresa tras sorpresa. Os seus tres EPs, EP (2012), EP2 (2013) e M3LL155X (2015), xunto ao seu primeiro longo LP1 (2014), son das obras de art pop máis vangardísticas que un se pode imaxinar.

Catro anos despois daquel EP, en abril deste 2019 estreaba Cellophane, un tema romántico, introspectivo, onde deixaba claro que continúa a ser unha das artistas máis interesantes da nosa xeración. Tratábase do primeiro sinxelo do que será o seu segundo longo, MAGDALENE. Xunto a dita canción estarán tamén Holy Terrain, Home With You e esta recién estreada, Sad Day.

MAGDALENE sairá o vindeiro 8 de novembro á venda, e pódese reservar xa nas plataformas dixitais habituais.

Pódeche interesar...
Cineuropa 33, parte 1: Luces e sombras dun festival emotivo