Gloriosa Rotonda – Gloriosa Rotonda

Fecha de lanzamiento
2 febrero, 2018
Discográfica
Limbo Starr
Xénero
Rock
A nosa puntuación
6.5

Gloriosa Rotonda é o nome do quinteto que xurde do anterior proxecto The Bärds, agora cantando en castelán. Veñen de presentar seu primeiro EP, de mesmo nome que a banda, no cal ao longo de cinco cancións e unha duración de soamente 10 minutos nos achegan a súa carta de presentación. E se algo ten de bo este lanzamento é a súa capacidade de transmitir a sensación de que non hai tempo que perder.

A cousa comeza xa co single de adianto, Pasta Pizza que marca perfectamente o tono do resto do traballo, con unha duración menor aos dous minutos, a pista caracterízase pola mestura do rock de garaxe, o pop e un certo regusto punk nas guitarras. A música concédelle un certo toque de ironía a unha letra que fala de unha persoa que non pode evitar sentirse como un perdedor na vida ao que todo lle sae mal. Ao longo das seguintes cancións reflexións como “mis bisnietas no serán como Ray Charles, pero bailarán reggaeton” ou “Pollock es dios” deixan ben claro cal é o tono do disco.

Non hai moito máis onde profundizar en este debut de Gloriosa Rotonda xa que o propio disco non busca ter esta profundidade, e mesmo a duración de todo o traballo é menor que a de moitas cancións de Pink Floyd. Mais é tamén esta brevidade e esta constante sensación de urxencia un dos principais acertos de este EP, o cal é consciente do que é e fuxe de falsas sensacións de unha trascendencia que sería absolutamente innecesaria para  este tipo de música.

Gloriosa Rotonda – Gloriosa Rotonda
6.5
Pódeche interesar...
Amaia – Pero no pasa nada