Jane Birkin actuará en Pontevedra o 27 de outubro

Jane Birkin actuará en Pontevedra o próximo 27 de outubro no Pazo da Cultura. A artista francesa fará unha actuación chamada Jane Birkin sings Gainsburg Symphonique, en honra do que foi un dos máis recoñecidos compositores franceses e a súa parella, Serge Gainsbourg. A actuación será a segunda que faga no Estado Español con este espectáculo tras o do Primavera Sound o pasado mes de xuño. En Pontevedra contará coa colaboración da Orquesta Filharmónica Cidade de Pontevedra, dirixida por Javier Viceiro-Filgueira.

Este concerto está encadrado dentro do Ciclo Voices. O evento está a celebrar a súa segunda edición durante ese exercicio. A principios de ano levou a Pontevedra a  Jorge Drexler e o mes que ven está programada a actuación do grupo británico Marcheeba.

Pódeche interesar...
‘3Camiños’, a serie transmedia sobre o Camiño de Santiago, chegará a Amazon Prime a finais de ano