O compositor Fernando Velázquez será o encargado da banda sonora de ‘PATRIA’, a nova serie da HBO

‘Patria’ estrearase o vindeiro maio na plataforma dixital de streaming

O compositor vasco Fernando Velázquez, responsable de bandas sonoras orixinais de filmes como O Orfanato, O Imposible, Oito apelidos vascos, Superlópez ou Un monstro ven a verme, composición pola que gañou o Goya a mellor música orixinal, únese ao equipo de PATRIA a nova serie da HBO. Para esta composición, o compositor contou coa Orquestra Sinfónica de Euskadi (Euskadiko Orkestra Sinfonikoa), da cal foi director, así como das Sinfónicas de Bilbao, Extremadura, Galicia, Madrid, Málaga, Navarra, Asturias, RTVE, Sevilla, Radio de Budapest, Phillarmonia de Londres, London Metropolitan e a Orquestra Nacional Checa.

En declaracións do propio Fernando Velázquez, “A historia de PATRIA é dura, e ademais transcurre nun entorno case doméstico con personaxes aos que dunha maneira ou outra coñecimos. Se algo pretende a música en PATRIA é acompañar, entender e animar dalgunha maneira aos personaxes dende a dor cara a esperanza pero con sixilo e sen grandes pretensións. Como unha forza máis forte que o odio que se abre paso imperceptiblemente”.

PATRIA estrearase en exclusiva en HBO España o vindeiro mes de maio, contando con oito episodios dunha hora cada un. Falará sobre ETA e o perdón, e promete ser unha das maiores promesas de HBO para este 2020.

Pódeche interesar...
‘Judy’: Nada sobre o arco da vella