Poppy – I Disagree

Release Date
10 Xaneiro, 2020
Discográfica
Sumerian Records
Xénero
Metal alternativo
Our Score
7.8

Todavía non podemos nin comezar a imaxinar de qué maneira vai cambiar internet o panorama musical. Máis alá das novas formas de distribución e consumo, a propia música xa está comezando a transformarse. Son cada vez máis os artistas que adaptan tanto as cancións como os discos a aqueles formatos ou estruturas que mellor funcionan nas plataformas de streaming (como xa acontecera no seu momento con outros formatos como os discos de vinilo), e pouco a pouco comezan a xurdir movementos musicais enmarcados en distintas comunidades dixitais, como anteriormente acontecía no marco xeográfico.

Moriah Rose Pereira comezou a realizar vídeos para YouTube en 2013, pequenas e desconcertantes pezas audiovisuais baixo o nome de Poppy, unha estrela de pop clonada e programada para vender discos e mercantilismo a adolescentes. Estes vídeos comezaron a viralizarse e o seguinte paso para Poppy foi comezar a súa verdadeira carreira musical, enmarcada nun primeiro momento dentro dun son pop máis comercial aínda que misturado coa atitude de androide de Poppy.

Porén co tempo comezou a producirse un cambio no estilo da música de Poppy. O pop comercial seguía ahí, pero cada vez comezaban a aparecer con máis frecuencia elementos do metal e o rock industrial, como se ese androide perfectamente deseñado pola industria discográfica estivese fóra de control e comezara a rebelarse. Unha transformación que cristaliza de maneira definitiva neste novo disco, I Disagree.

A proposta de Poppy como narrativa transmedia resulta sorprendente e moi interesante, pero á hora de criticar un dos seus discos todo se limita a unha cousa. Hai boas cancións en I Disagree? E a resposta é que si. O que Poppy plantexa neste álbum é o que ela mesma chama post-genre, ou post-xénero, unha serie de composicións que no se vexan limitadas de ningunha maneira por ningún tipo de etiqueta, podendo pasar dunha estrofa completamente cun potente riff de guitarras metaleiras a un estribillo completamente melódico e pausado.

A pista que abre o disco, Concrete marca bastante esta tendencia, saltando de maneira quizáis precipitada entre estes dous sons, logrando un contraste canto menos chamativo. En continúase a explorar I Disagree esta mesma idea, quizáis con máis éxito no seu estribillo, onde todos estes elementos conflúen á perfección no seu estribillo.

Porén, un dos momentos máis intensos de todo o disco chega coa canción BLOODMONEY, un puñetazo de sons distorsionados e industriaos sobre os que Poppy grita como poucas veces fixera ata ese momento, alternando breves pasaxes moito máis suaves que poñen o contraste, así como un solo de guitarra final que eleva á canción como un dos momentos máis interesantes de todo I Disagree.

Pero xustamente estes tres cortes iniciais foron os singles cos que se promocionou o disco antes da súa publicación. A incógnita unha vez publicado o traballo completo era ver se este mesmo nivel se mantería no resto de cancións. E dando unha escoita completa a I Disagree podemos respirar con tranquilidade, xa que se trata dun traballo moi sólido, que mantén o interese ao longo do seu tracklist con cancións como Fill the Crown que parece saída dunha película de Nicholas Winding Refn, ou a enérxica Bite Your Teeth.

O único momento no que I Disagree pode resultar algo menos interesante é no seu tramo final, especialmente durante a canción Sick of the Sun, unha pista bastante máis pausada que o resto, sen aportar outros elementos na instrumentación ou na interpretación de Poppy que fagan máis interesante este tema. Con todo I Disagree é un traballo destacable, un disco de contrastes pero cheo de sons con pegada e melodías pegadizas, que ademáis se atopa enmarcado nun proxecto narrativo moito máis amplo e interesante.

7.8
Pódeche interesar...
‘Devs’: A fronteira entre a ciencia e a fe