Rina Sawayama sorprende dende o humor

Release Date
17 Abril, 2020
Discográfica
Dirty Hit
Xénero
Pop
Our Score
8.1

Alá por 2017, Rina Sawayama lanzaba o EP RINA. Onde outros escollerían unha declaración de intencións, Rina probaba algo diferente: Aquí estou eu. Son Rina. Son alguén normal, sen ningún tipo de expectativas na vida máis que facer algo divertido na música. E que mellor maneira de facelo que aquelo que todos coñecemos e escoitamos queiramos ou non? Si: RINA era un EP de pop.

Aínda que a nun primeiro momento poida semellar algo fora de lugar, aquela música pola que mellor podemos basearnos para entender o que está a pasar a nivel vangardas culturais deberíamos fixarnos pop. Non se trata tanto da posibilidade do mesmo para selo, senón de como este sempre demostrou unha capacidade impresionante para, unha e outra vez, atender a todo aquelo que está de moda e funciona e adaptalo ás propias necesidades do estilo. Sexan instrumentos ou melodías, ninguén está a salvo nunca do poder absorbente da música por excelencia que define a sociedade na que vivimos.

Semella que, con todo, Rina Sawayama é perfectamente consciente da situación. Tanto en RINA (2017) como neste novo traballo, Sawayama, a artista xaponesa non parece, en ningún momento, ter intención de deixarse levar por cómo funciona o pop. A sensación é toda a contraria, e é que o que veremos será a Rina, se ben non comprometida socialmente, si dándose conta do feito detrás do éxito do pop e xogando con este: non estamos ante un disco de pop por si mesmo, senón ante unha comedia de como este funciona.

O modo de facelo, con todo, é moi interesante: non se trata de ir á parodia, senón de facer un disco de pop ao uso onde haberá máis do que parece. Se ben poderemos atopar cancións de corte clásico, como poderían ser Comme Des Garçons (Like the Boys) ou Paradisin’, haberá temas nos que as intencións de Rina sexa moito máis ca iso, mostrando unha fantástica capacidade para non só facer un disco interesante, senón mostrar moita calidade. Así, temas como STFU! Ou Akasaka Sad incluirán no repertorio un contido moito máis interesante e capaz, na procura desa saída da comedia en prol do éxito comprensivo.  A ruptura final dos esquemas virá cunha nova sorpresa xusto ao final do álbum, onde Snakeskin brillará con luz propia como unha canción marabillosa de escoitar onde pianos terán que convivir con elementos máis electrizantes nun marabilloso tornado para os sentidos.

A canción que mellor consegue capturar esta mestura entre pop e parodia é Tokyo Love Hotel. Nesta, o que semella unha canción de amor máis, mesturarase polo medio cunha parodia ás mesma. Non chega con facer unha canción de amor situada nunha cidade, como outras tantas no pasado, senón que debe pórse sobre a mesa que non só non é a única, senón que hai moitas así. Con todo, por que incluso dende algo así debería desprezarse unha relación?

O ton do álbum, con todo, non está feito cunha fixación nese estilo paródico. Sae natural, e faise necesario tanto para reducir a tensión como para producir unha sensación de cariño ao redor da obra. Rina Sawayama busca que nos sintamos ben escoitando o seu disco, que nos vexamos reflexados nas súas letras e que aínda que esteamos ante temas que non falariamos de normal saibamos tomarnos a vida con humor.

En certos momentos ao longo do álbum, atoparemos no álbum que certos recursos de estilo xa os coñecemos. Escoitámolos antes, incluso en artistas como Kanye West, pasando por un longo Charli XCX, Taylor Swift ou Let’s Eat Grandma. Se ben isto é certo, tamén o que en ningún momento Rina pretende converterse na próxima ninguén. Nin por asomo. Trátase dun disco cos pés na terra, consciente das limitacións que este mesmo pode ter e xogando con estas ao seu favor.

Rina Sawayama non busca crear algo novo. Debemos achegarnos a Sawayama con esta idea nas nosas cabezas. Non descubriremos a pólvora, non choraremos como nunca nin aprenderemos algo novo. Pero conectaremos, pois niso consiste o pop. E é precioso poder facelo sen necesidade de que algo nos sorprenda.

8.1
Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.