Salvador Sobral identifícase como "galego do sur"

Salvador Sobral, o músico portugués gañador do Festival de Eurovisión no ano 2017 foi galardoado na gala aRi[t]mar dos premios de música e poesía galega e portuguesa. Durante a súa intervención identificouse como “galego do sur” e referiuse ao pianista compostelán Abe Rábade que o acompañou na súa interpretación de ‘Eu en ti’ de Celso Emilio Ferreiro como un “galego do norte”, facendo ademáis referencia á necesidade do sentimento de irmandade entre Galicia e Portugal. Onte, Sobral ofreceu un concerto en Santiago no Auditorio de Galicia do cal esgotou todas as entradas. Estas son as declaracións do músico portugués na gala aRi[t]mar:

Abe Rábade é galego do norte e eu sou galego do sul.
Toda Espanha semelha estar virada de costas para Portugal, mas aí está a Galiza, eternamente apaixonada.
Dá-me algo de lástima porque às vezes penso que este sentimento não é recíproco, que em Portugal não sabemos muito da Galiza.
Mas eu vou chegar lá e dizer por toda a parte que venham cá.
Já fomos um. Por que não continuarmos a sê-lo, ainda que for de outra maneira?

Pódeche interesar...
Disney+ chegará o vindeiro 31 de marzo