SUMRRÁ volven á Casa das Crechas este domingo, en Santiago de Compostela

O coñecido trío de jazz galego estará de novo no histórico logal compostelán o vindeiro domingo 23 ás 20:00h.

O coñecido trío de jazz galego SUMRRÁ, á vez que un dos máis irreverentes e interesantes de escoitar tanto en estudo como en directo, formado por Manuel Gutiérrez, LAR Legido e Xacobe Martínez Antelo, voltará a tocar na Casa das Crechas o vindeiro domingo ás 20:00h, en Santiago de Compostela.

Durante os seus 20 anos de percorrido, SUMRRÁ lanzaron ata 6 discos ata o momento. O último deles, 6 Mulleres, estivo entre os nosos 20 discos galegos de 2018 e tamén entre os 50 discos de 2018.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.