Temples abrirán unha nova edición do ciclo de concertos Delicatessen en Vigo

O grupo británico Temples, un dos principais expoñentes da psicodelia rock contemporánea, actuarán o 14 de marzo nunha nova edición do ciclo 17º Delicatessen na sala Rouge en Vigo.

Temples apoiáronse en tres cousas para facer do seu novo traballo, Hot Motion, un paseo disfrutable: atmosferas cargadas, unhas letras finísimas e unhas cancións cunha estrutura sólida. Está claro que para renovar unha escena necesítase mocidade e inocencia. Tomar riscos, enfren-tarse, equivocarse e/ou acertar; iso é o que fai avanzar á música, e aínda que din que todo está inventado sempre hai onde e como rexenerar.

E iso é o que fixeron Temples desde a súa creación en 2012 e o seu primeiro traballo Sun Structures en 2014, experimentar co que máis lles gustaba e mellor sabían facer: o rock e a psicodelia. Mesturando os estilos sonoros da paleta do rock nos anos 60 e 70, impregnados principalmente de psicodelia, pero corenta anos despois, con todo o que iso conleva. Nun exercicio de estilo anacrónico, lograron transportarse ás décadas prodixiosas do rock pero co frescor e a seguridade de estar en 2020, mérito e desvergoña a partes iguais.

Pódeche interesar...
‘O Amor está na auga’: O Yuasa máis comercial segue sendo Yuasa