Terbutalina levarán súa nova música ao hábitat natural da banda

Se ben o último disco de Terbutalina deixounos unha sensación algo fría ao abandoar seu xa clásico “gastropunk” por un son alternativo máis inspirado no rockabilly e no surf, hai un terreo de xogo onde a música dos de Esteiro nunca falla, o directo. O hábitat natural de Terbutalina está sobre os escenarios, onde a banda sempre compite en casa, ante a súa afición, sexa onde sexa o seu concerto.

Terbutalina estrearán as súas novas cancións en directo xunto co seu antigo catálogo nun concerto que ofrecerán na Sala Capitol de Santiago o xoves 31 de outubro acompañados da banda invitada Mutagénicos. As portas abrirán as 20:30 horas e as entradas pódense mercar na web de Ataquilla.

Pódeche interesar...
Caudal Fest 2019: Día I. Oxalá chova licor café