The National – I Am Easy to Find

Fecha de lanzamiento
17 mayo, 2019
Discográfica
4AD
Xénero
Indie Rock
A nosa puntuación
7.5

A día de hoxe The National xa non son ningúns descoñecidos no panorama da música indie internacional. I Am Easy to Find é xa o oitavo disco de estudo dunha banda que xa ten máis que consolidado seu son. Ao escoitar este novo traballo non atopamos nada que non tivésemos xa escoitado nos anteriores álbumes de The National, máis alá das frecuentes colaboracións de cantantes femininas. Mais se ben esto podería semellar un sinal de que estamos ante un disco esquecible, I Am Easy to Find resulta demasiado honesto e emotivo como para non lle prestar a atención que merece.

En primeiro lugar cabe destacar que I Am Easy to Find é algo máis que unha colección dezaseis cancións, que superan en total a hora de duración. Este disco foi lanzado acompañado por unha curtametraxe escrita e dirixida polo cineasta Mike Mills e protagonizada pola actriz Alicia Vikander, na que se conta a historia de toda unha vida a través de 164 momentos. Cunha fermosa fotografía en branco e negro, esta curta funciona como unha película muda apoiada por intertítulos e acompañada pola música de The National.

Sería un erro falar de I Am Easy to Find sen ter en conta esta produción audiovisual, xa que seu visionado transforma en boa medida as sensacións que transmiten estas cancións. A emotividade de pezas como Oblivions, Light Years ou Quiet Light resulta moito máis poderosa, mentres que os ritmos veloces de cancóns como Where Is Her Head recóbrense dunha certa sensación de euforia ansiosa. En xeral todo este proxecto percíbese como moito máis trascendente e cohesionado cando se toma dende unha ollada conxunta.

Ao longo do extenso tracklist tamén hai momentos nos que as instrumentacións continúan o camiño que abrira o anterior LP da banda, Sleep Well Beast (2017), como as guitarras caóticas mais expresivas coas que abre You Had Your Soul with You. Tamén destaca especialmente a beleza dos momentos finais de So Far So Fast ou a enérxica percusión de Rylan.

Con todo, I Am Easy to Find non é un disco perfecto. Trátase dun traballo de extensa duración que se move todo o tempo por terreos moi similares, facendo que cara o final esta proposta comece a cansar e sentirse repetitiva. Non hai grandes sorpresas no son ao longo deste disco, como tampouco o supón para a discografía de The National. A banda non gañará moitos novos fans desta volta, máis tampouco perderá a ningún.

Mantéñense todos os sinais de identidade da súa música, liderada pola voz barítona de Matt Berninger. Mais en certa maneira a emoción que é capaz de transmitir I Am Easy to Find é reseñable. Non estamos ante o mellor traballo da banda pero quizáis ante seu disco menos épico e máis vulnerable.

7.5
Pódeche interesar...
Mourn actuarán na Sala Radar de Vigo