Todo o que sabemos do novo de Triángulo de Amor Bizarro

Tras lanzar unha nova canción a semana pasada, Triángulo de Amor Bizarro acaban de anunciar que seu quinto disco de longa duración verá a luz o vindeiro 20 de marzo a través da discográfica Mushroom Pillow. Titulado Triángulo de Amor Bizarro, este será o segundo álbum homónimo da banda despois do seu debut lanzado en 2007.

Cunha portada de cor negra que semella a cara oposta do White Album dos Beatles, este novo disco traerá consigo unha ducia de novas cancións producidas por Carlos Hernández entre as que se atopa Acosadores, que contará cunha colaboración de Ariadna Paniagua (Los Punsetes). Ruptura é por agora o único adianto que xa se pode escoitar deste traballo, onde a banda coruñesa amosa a súa cara máis disonante e industrial cun son que lembra a grupos como Daughters ou Nine Inch Nails.

Tracklist:

  1. Ruptura
  2. No Eres Tú
  3. Vigilantes Del Espejo
  4. Canción De La Fama
  5. Fukushima
  6. ASMR Para Ti
  7. Acosadores
  8. SYF Paga
  9. Calígula 2025
  10. Folia De Las Apariciones
  11. Cura Mi Corazón
  12. Los Golpes Olvidados
Pódeche interesar...
Máis de 3.000 persoas xa viron ‘Eroski Paraíso’ nas salas galegas