YOUCANTHIDE publica ‘Multiplayer’, o seu segundo single

A banda anuncia o lanzamento do seu primeiro disco para o 8 de xuño

YOUCANTHIDE, a banda formada por Kaixo e Kings of the Beach, lanza Muliplayer, o seu segundo single. Neste tema o grupo quere deixar clara a psicose na que vive a súa xeración, todo o tempo tendo que utilizar máscaras para afrontar unha realidade cada vez máis precaria. Este é é o segundo adianto do seu primeiro disco que verá a luz o 8 de xuño.

O videoclip, realizado durante a corentena, tamén vai nesta dirección. En formato en vertical e onde se poden ver numerosos filtros de Instagram. Ao final, esta deformación existe para ocultar a verdadeira realidade. “Multiplayer é xogar con Avatares que non es ti. Que os controles non quere dicir que as ficcións que crear non rematen controlándote a ti”, sinala a banda.

Pódeche interesar...
J Balvin é o gris en ‘Colores’