Non quero quedar na casa: Joana Serrat, Él Mató a un Policía Motorizado, Guadalupe Plata, Fa Ce La Fest…

Destacados

Joana Serrat ven de gravar con Israel Nash e Ted Young. Non o di calquera. Con eles, realizou o seu último traballo, Dripping Springs, que foi un dos traballos máis recoñecibles do 2017. Teremos a oportunidade de vela en dúas ocasións, pois ademais de pasarse por Ourense tamén estará no Fa Ce La Fest de Lugo.

Él Mató a Un Policía Motorizado é un dos grupos máis recoñecibles do panorama arxentino noise na actualidade. Estiveron fai relativamente pouco no país, no festival V de Valarés, e agora temos unha nova oportunidade de velos de novo. Será o vindeiro día 23 de marzo, na Sala Capitol de Santiago de Compostela.

Guadalupe Plata son un dos mellores artistas da nosa xeración. Veñen de Xaén, e a súa música mestura rock, jazz, psicodelia, surf ou flamenco. Os seus discos, sempre homónimos, rematan por converterse nunha das mellores saídas do blues rock do ano. O seu último, data de 2017. Estarán tamén na Sala Capitol o vindeiro día 25.

Fa Ce La Festival 2018

Neste 2018 o Fa Ce aFest celebrará a súa terceira edición. Entre os días 25 e 26 de maio, Lugo tornarase de amarelo para recibir a Señor Chinarro, Apartamentos Acapulco, Rufus T. Firefly, Carolina Durante, Doctor Explosion, Joana Serrat, Papaya, Las Ruinas, Atrás Tigre, Berta Franklin, Kadett GSI, Sigilu, Esteban & Manuel, Músculo, Indomable e Abuela Te Quiero.

As entradas continúan á venda en Ticketea, onde podedes atopar entradas para o festival a 20 euros (as diarias) e 30 euros o abono para os dous días.

Pódeche interesar...
Verto fan ‘Puro Ocio’, pero teñen potencial para facer moito máis