A cerámica volverá ser de “Santagrelos”, volve ‘Pratos Combinados’

A partir do vindeiro martes, a TVG emitirá esta querida serie

Xa levaba tempo pendurada no portal na web da TVG, pero agora a corporación recupera Pratos Combinados para a emisión lineal. Nestes momentos no que a poboación está a demandar máis contidos audiovisuais para poder pasar mellor estas semanas, a canle repón, a partir do vindeiro martes, unha das series máis queridas das nunca feitas no país.

Neste mundo sen bares nin verbenas, as aventuras e desventuras que teñen lugar no emblemático Bar Suízo achegarán aos fogares galegos humor que en moitas ocasións non se ten estes días de confinamento por mor da COVID-19.

Volverán á televisión as cerámicas de “Santagrelos”, os pelandráns, panarras e baldreu, os “isto é un escándalo, Pereira” e demáis frases emblemáticas asociadas co personaxe interpretado polo falecido Ernesto Chao.

Emitida entre 1995 e 2006, ‘Pratos Combinados’ foi a primeira comedia de situación desenvolvida integramente por profesionais de Galicia e cun elenco composto na súa totalidade por actrices e actores galegos. Creada e dirixida por Xosé Cermeño, ao longo dos seus preto de 300 capítulos, ademais de Chao pasaron pola serie actores tan recoñecidos Xosé Manuel Olveira ‘Pico’Antonio Durán ‘Morris’Cristina CastañoMaría CastroManuel MillánMaría Bouzas e Eva Fernández entre moitos outros.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.