A cuarta parte de ‘As escalofriantes aventuras de Sabrina’ será a última

Netflix decide cancelar a serie tras unha última tempada, que chegará este ano

A última adaptación da famosa bruxa televisiva, orixinaria das tiras de Archie, chegaba a Netflix en 2018 con boa acollida. Mais catro tempadas despois, a plataforma de streaming decide poñerlle fin á súa produción, non sen antes darlle un final merecido. A cuarta parte da serie titularase O Mundo Oculto de Sabrina, constará de oito episodios e chegará máis tarde durante este 2020.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.