‘A esmorga’ poderá verse de balde durante a fin de semana

Esta iniciativa únese ás propostas dende o eido cultural para axudar a sobrelevar os confinamentos domésticos

A editorial Galaxia, a produtora Vía Láctea e a Televisión de Galicia súmanse á oferta de contidos culturais para axudar sobrelevar os confinamentos domésticos decretados en medio da loita contra o COVID-19. Entre este venres 20 de marzo e o luns 23 de marzo será posible ver de balde A esmorga, a adaptación cinematográfica dirixida por Ignacio Vilar do clásico homónimo de Eduardo Blanco Amor.

Segundo confirmou a editoral galega, está previsto que se suba un enlace na súa web que permita visualizar o premiado filme entre as 20.00 h. do venres día 20 e as 6.00 h. do luns.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.