‘A estación violenta’ poderá verse por primeira vez en televisión

A TVG emitirano nun horario afastado do prime time

A TVG emitirá hoxe, 14 de maio, a estrea en televisión da ópera prima de Anxos Fazáns, A estación violenta. Farano ás 00:30, un horario afastado do prime time, tras a emisión de Land Rover.

A estación violenta é un dos filmes máis destacados do cinema galegos dos últimos anos e conta coa interpretacións de Alberto Rolán, Nerea Barros, Xosé Barato, Laura LaMontagne, Xiana Arias e Antonio Durán ‘Morris’. Ademais, a súa banda sonora contén temas de bandas galegas como Chicharrón, Atrás Tigre, The Soul Jacket, Contenedor de Mierda ou Pantis.

Pódeche interesar...
Publican en aberto o documental ‘Os mundos de Xosé Luís Méndez Ferrín’