‘A illa das mentiras’, o novo filme de Paula Cons, estréase nunha plataforma arxentina

A illa das mentiras, o novo filme da galega Paula Cons, terá a súa premiere nunha plataforma arxentina. O filme é unha coprodución entre empresas españolas e arxentinas e tiña prevista unha preestrea o 22 de maio en Ribeira para saír en cines o día 29. Por mor da situación sanitaria, estes planes se truncaron e fará a súa premiere en cine.ar, unha plataforma do Instituto Nacional de Cine e Artes Audiovisuais de Arxentina.

O xoves 14 de maio, as 22 h de Bos Aires, esta plataforma fará a estrea mundial deste filme dirixido e escrito por Paula Cons ambientada principalmente na illa de Sálvora e baseado en feitos reais. A longametraxe está protagonizada por Nerea Barros, Darío Grandinetti e Aitor Luna. A pesar desta estrea tan singular, non se pecha as portas a ser estreada en cines cando sexa posible.

Pódeche interesar...
Libros para a corentena: ‘Long Play’ de Lois Pérez