‘A Illa das mentiras’ resiste o coronavirus

O filme dirixido por Paula Cons xa supera os 3.000 espectadores en salas de cine.

Son tempos complicados para o cinema. Máis para a distribución nas salas de cine. Aínda non abriron todas as pantallas en Galicia despois do confinamento e as estreas do que quedan de ano non parecen que vaian facer que a situación remonte.

Unha excepción a este caso é ‘A illa das mentiras‘. O filme dirixido por Paula Cons que xa vai pola terceira semana de proxeccións nas salas galegas. Normalmente adóitanse baixar os asistentes significativamente na segunda semana de estrea mais este filme ambientado en Sálvora mantívose. Xa vai polos 3.000 espectadores e subindo.

‘A illa das mentiras’ estrouse en Filmin primeiramente, onde foi un éxito de audiencia. Agora distribúese en 15 salas cunha versión dobrada ao galego. Cons segue dando coloquios por Galicia tras estar onde 16 de outubro na Estrada. O domingo 18 de outubro estará en Vigo.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.