A ‘Piñata!’ de La Melona chegará este sábado a Santiago de Compostela

Pálida, Seda, Trifulca, La Buena Vida, Elba, Rayotaser e Mundo Prestigio serán os encargados de rachar cos nosos esquemas.

Durante os últimos meses vimos como La Melona comezaba a moverse estatalmente mediante un novo espectáculo: Piñata!, indo ata Madrid e Sevilla. Tras mostrar a todo España o que se está a facer no noso país, os creadores do cada vez máis emblemático Melona Fest volven a casa e traen consigo aos seus grupos máis emblemáticos para dar vida á noite compostelá.

Este vindeiro sábado, La Melona abrirá a súa piñata primeiro na Sala Capitol, ás 20:30. Alí soarán as músicas de ELBA, Seda, Rayotaser e La Buena Nueva, novo proxecto da outra metade daqueles Esteban & Manuel. Tras este evento pasaremos á Sala Malatesta, onde Mundo Prestigio, Trifulca e Pálida porán o broche de ouro á noite. Despois, PV3000 pechará a noite cun DJ Set.

Pálida foi un dos principais protagonistas da nosa lista dos 20 discos galegos de 2018, sendo elixido o seu EP A White Sphere como oitavo disco galego do ano e o seu aínda máis fantástico Shönen Kingdom ocupando a terceira posición de dita lista.

As entradas xa están á venda en Wegow a un prezo de 8 euros, o cal ascenderá a 10 euros unha vez en taquilla.

Pódeche interesar...
Ataque Escampe anuncian a súa volta aos escenarios… E farano cunha nova formación