A revelación ourensá Marem Ladson dá esta semana dous concertos no país

20 anos, sangre ourensá e norteamericana e un futuro prometedor cunha data xa para sacar á luz o seu primeiro álbum o vindeiro día 4. Ela é Marem Ladson. Cantautora. E o estilo, esa mistura de pop intimista, aires folkies e un lixeiro ritmo R&B, é o que leva depurando en escenarios de festivais como o Vida ou o Monkey Week. Actuará hoxe no Garufa Club da Coruña. O sábado a cita será na casa, no Torgalen sesión vermú e con coloquio incluído.

Pódeche interesar...
Revolution Podcast chega a Balea Cultural