A segunda tempada de Sex Education xa ten data de estrea

Netflix anunciou que estreará a segunda tempada de Sex Education o venres 17 de xaneiro. É dicir, un ano e apenas unha semana despois de que se estreara a primeira.

Así o anunciou a plataforma de streaming ao mostrar o cartel desta nova entrega da serie, na que volveremos ver aberta a clínica sexual ne Otis (Asa Butterfield), o adolescente que protagoniza a serie xunto aos seus compañeiros Maeve (Emma Mackey) e Eric (NcutiGatwa).

Segundo desvela Netflix, Otis deberá ser quen de lidiar coa situación coa que rematou a primeira tempada mentres hai un brote de clamidia no instituto. Unha mostra máis da necesidade da educación sexual de calidade pola que puxa a serie. A primeira tempada foi unha das sorpresas deste ano que está a rematar. Veremos se é quen de manter o nivel.

Pódeche interesar...
David Benioff e D.B. Weiss, creadores de Xogo de Tronos, abandonan a saga de Star Wars