‘Arima’, a nova película de Jaione Camborda, estrearase en once cines galegos

A primeira longa de Jaione Camborda, directora vasca afincada no noso país, chegará aos nosos cines este venres, 7 de febreiro. A película conta unha drama no que pasado, misterio e o sobrenatural conviven para crear unha historia á que nós xa lle dimos unha primeira ollada no pasado Cineuropa 2019, onde se pre-estreou.

Dende este 7 de febrero, a película poderase ver nas seguintes salas galegas:

  • Numax, de Santiago de Compostela.
  • Cantones Cines, de A Coruña.
  • Vigo Norte, de Vigo.
  • Cines Duplex, de Ferrol.
  • Cinemas Codex, de Lugo.
  • Cines Xunqueira, de Cee.
  • Cines Avenida, de Caldas.
  • Minicines Central, de A Estrada.
  • Casa da Cultura, de Verín.
  • Casa Dopeso, de As Pontes.
  • Multicines Bergantiños, de Carballo.

Ademais, o filme estréase en Barcelona (Cine Zumzeig), Sant Feliu de Llobregat (Cine Baix), San Sebastián (Cines Príncipe) e Madrid (Cineteca). Próximamente anunciaranse máis salas.

Pódeche interesar...
Babykatze estrea tres videos con temas interpretados en directo