As 5 bandas que non te podes perder no Festival Candeloria

Os próximos 22, 23 e 24 de febreiro celebrarase a quinta edición do Festival Candeloria en Lugo. Dende Balea Cultural, queremos recomendar unha serie de bandas que se ben non relocen polo seu nome, teñen gran interese. Fundamentais para disfrutar ao máximo da gran experiencia que é este festival en terras lucenses.

Bala

Unha é de Pontevedra e outra de A Coruña. Un dos grupos galegos máis internacionais que quizais dentro das nosas fronteiras non é tan coñecido. Chegaron a Londres, foron a Tokio, proximamente a California. En Galicia parece que é un grupo de segunda. As rapazas de Bala son as grandes tapadas do festival.

Crim

Os tarraconenses son, hoxe en día, das mellores bandas de punk rock de todo o Estado español. O seu último disco Blau Sang, Vermell cel é a consolidación dunha banda que xa destacou por enriba de moitas outras debido ao seu ritmo que soamente empurra a saltar.

APHONNIC

Os vigueses deron o seu impulso definitivo tras a súa participación no Resurrection Fest. O grupo de metalcore máis puntero en Galicia. O seu son único entre a contundencia e o melódico os fai únicos. O seu último disco, Indomables, é todo un ataque ao espectador.

Huntza

O grupo, moi recoñecido en Euskal Herria, é unha fusión entre rock e folk que o fan único. O seu disco Ertzetatik é das obras con máis personalidade dentro do panorama estatal.

True Mountains

O grupo coruñés ten unha das propostas máis orixinais que se poden atopar na actualidade. O seu punk rock acústico sen dúbida non deixará indiferente a ninguén, unha aposta rica e singular que dende logo merece a pena ver.

Pódeche interesar...
María Vázquez, Emma Suárez e Rita Azevedo, premios Cineuropa 2019