Así será a volta da cultura en Galicia

Os cinemas, teatros, auditorios, e outras actividades de carácter similar poderán retomar a súa actividade en Galicia a partir de mañá, mércores 17 de febreiro. Iso si, deberán ter un rexistro de asistentes con información de contacto que se usen en caso de que se produza un brote de covid-19. Así o establece a orde da Consellería de Sanidade publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG)

En concreto, o texto contempla a reapertura de cinemas, teatros, auditorios e similares así como recintos ao aire libre para espectáculos públicos e actividades recreativas, pero cun máximo do 30% do aforo que en ningún caso debe supera as 250 persoas en espazos pechados e as 500 en abertos,

As persoas que acudan a este tipo de actividades terán que permanecer sentadas en todo momento, manter a distancia de 1,5 metros –salvo que sexan convivintes– e levar máscara dun xeito constante.

Ademais, permitirase a reapertura de bibliotecas, arquivos, museos, salas de exposicións, monumentos e outras instalacións culturais, nas que o aforo tamén estará limitado ao 30%.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.