Tras a saída da súa primeira mixtape catro meses atrás, O Club do Pitillo, FØ Records non se detén. O rapeiro Camel B. abre o verán protagonizando o novo tema do colectivo neigrerés, Lume, con baterías propias do trap a un ritmo máis lento do habitual. Un lead e un corpo marcados polas frautas de cor e polo adlib que funciona como leitmotiv da composición.
O vídeo musical que acompaña o sinxelo está dirixido por Álvaro Alvite, quen dirixiu tamén Abel the Knight para os Boyanka Kostova. A peza audiovisual, infestada estilo irónico e recargado habitual no grupo negreirés, conta coa aparición do propio Camel B., do resto de artistas que compoñen FØ Records e, como artista invitado, do compostelán Ortiga.
FØ Records é un colectivo de hip hop e trap de Negreira, da que incorporan á súa
música as costumes e rutinas propias da mocidade nunha vila pequena e rural e está. Forman o grupo os rapeiros og coulomb, goodboy.Xd, Puto Rumeinian, Camel B. e dramakid. Lume xa está dispoñible para descargar en todas as plataformas dixitais.