Ataque Escampe anuncian a súa volta aos escenarios… E farano cunha nova formación

Destaca especialmente a incorporación de Cibrán Tenreiro, membro de Esposa

O grupo galego Ataque Escampe, un dos maiores referentes da música independente en galego e con máis de quince anos de traxectoria anunciaron “o fin do seu bloqueo” nas súas redes sociais. Ademáis informaron da súa nova formación para os directos cunha frase que fai referencia a un dos seus discos máis coñecidos: “Agora que rematan os anos dez, presentámosvos a banda do comezo dos vinte”.

Nomeadamente integrarana Alex Charlón como vocalista, Samuel Solleiro e Miguel Mosqueira nas guitarras, Lois Carín ao baixo, Julio Vilariño a cargo dos sintetizadores e Cibrán Tenreiro na batería. Chama especialmente a incorporación deste último, un dos compoñentes do tamén grupo galego Esposa.

Pódeche interesar...
Terbutalina – Espabila Gallego