Audrä e Inland Valley presentan este sábado os seus temas n’A Coruña

Teremos a ocasión de velos a ambos nun novo evento da Asociación Cultural Galicia Molona.

Mañá 15 de febreiro, Audrâ e Inland Valley presentarán novos temas en A Coruña, concretamente na Sala Bâbâ Bar, e no que será xa o cuarto evento impulsado polo colectivo cultural Galicia Molona. As entradas están xa á venda na sala por un prezo de 8 euros.

Audrä é o proxecto persoal de Andrea Colado, e cuxas principais armas son a voz e o piano. Interpretará cancións de Roses (2018), o seu anterior EP, así como temas dun novo proxecto aínda por concretarse. Por outra banda, Inland Valley é unha banda coruñesa de pop con influencias post-rock que presentará o seu primeiro EP.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.