BALA adiantan o seu novo álbum con ‘Agitar’, escóitaa!

O terceiro disco do dúo de stoner rock chamarase 'Maleza' e sairá á luz o 14 de maio

Un dos nosos imprescindibles do panorama musical galego están de volta, tal e como o prometeran. Hai preto dun mes, incluiamos a BALA, o dúo de stoner rock formado por Ánxela Baltar e Violeta Mosquera, na nosa lista dos discos que máis agardabamos este 2021. E non se fixeron esperar. Hoxe publícase Agitar, o primeiro sinxelo do que será o seu próximo álbum, Maleza, que sairá á luz o vindeiro 14 de marzo.

Agitar vén acompañada dun vídeo musical dirixido por Javier García-Suárez Pozuelo, no despregue de ruído e axitación ao que BALA nos ten afeitos; desta, ilustrado coa distorsión urbana dunha potente fotografía en branco e negro. Ademais de desfrutar do videoclip, tamén está dispoñible desde hoxe a prevenda de Maleza.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.