‘Behind Lucy’ é seleccionado no Sunny Side of the Doc Pitch

Esta edición do mercado internacional ten que celebrarse dun xeito telemático

Behind Lucy, o documental da produtora galega Somadrone Films foi seleccionado no Sunny Side of the Doc Pitch 2020, o mercado internacional para documentais e experiencias narrativas, na sección de ciencia. O proxecto xa gañara en abril do MIPDoc Project Pitch de Cannes.

O documental está protagonizado por catro científicos da equipa da misión Lucy da NASA, unha misión de estudo de Xúpiter. A obra fai un seguimento da misión dende a súa aprobación ata o seu lanzamento, previsto para outubro de 2021.

Nesta edición do Sunny Side, a organización quere manter a experiencia ao 100% dun xeito telemático con paneis, webinars e reunións a distancia. Os pitchings tamén serán presentados en diferido e se acompañarán con sesións de mentoring por parte do festival. Posteriormente haberá reunións cos compradores máis importantes do mercado para comentar os detalles dos proxectos.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.