Billie Eilish triunfa nos premios Grammy

Rosalía consegue facerse tamén cun dos dous galardóns aos que estaba nomeada

O Staples Center de Los Ángeles acolleu esta madrugada a cerimonia anual dos premios Grammy, en recoñecemento do traballo musical máis destacable do último ano. A gala, presentada un ano máis por Alicia Keys, contou cun gran número de actuacións de primeiro nivel, onde a espectacular escenografía acadaba incluso eclipsar ao artista.

Billie Eilish foi a gran triunfadora da noite, levándose seis dos sete galardóns aos que estaba nomeada. Ademais, recibiu os catro premios principais: Álbum, Canción e Gravación do Ano, e Mellor Artista Novo. O seu irmán e colaborador FINNEAS tamén foi recoñecido co premio a Mellor Produtor (non clásico).

A Mellor Artista Nova tamén estaba nomeada Rosalía, pero a catalana si conseguiu o primeiro Grammy Internacional da súa carreira: El Mal Querer foi recoñecido como o Mellor Álbum Latino de Rock, Urbano ou Alternativo. Ademais sorprendeu no escenario coa interpretación do seu novo single Juro Que.

Os premios Grammy, outorgados pola Academia Nacional de Artes e Ciencias da Gravación dos Estados Unidos, suman 105 categorías, pero estes son os galardóns entregados máis destacables.

Categorías xerais

Gravación do Ano: Billie Eilish – “bad guy”

Álbum do Ano: Billie Eilish – When We All Fall Asleep, Where Do We Go?

Canción do Ano: Billie Eilish – “bad guy”

Mellor Artista Novo: Billie Eilish

Produción (non clásica)

Mellor Produtor: FINNEAS

Mellor Enxeñería de Gravación para un Álbum: Billie Eilish – When We All Fall Asleep, Where Do We Go?

Pop

Mellor Álbum Vogal de Pop: Billie Eilish – When We All Fall Asleep, Where Do We Go?

Mellor Actuación Pop Solista: Lizzo – “Truth Hurts”

Mellor Actuación Pop de Dúo ou Grupo: Lil Nas X – “Old Town Road [ft. Billy Ray Cyrus]”

R&B

Mellor Álbum de R&B: Anderson .Paak – Ventura

Mellor Canción de R&B: PJ Morton – “Say So [ft. JoJo]”

Mellor Actuación de R&B Tradicional: Lizzo – “Jerome”

Mellor Actuación de R&B: Anderson .Paak – “Come Home [ft. Andre 3000]”

Mellor Álbum Urbano Contemporáneo: Lizzo – Cuz I Love You

RAP

Mellor Actuación de Rap: Nipsey Hussle ft. Roddy Ricch & Hit-Boy – “Racks in the Middle”

Mellor Actuación de Rap/Sung: DJ Khaled, Nipsey Hussle, John Legend – “Higher”

Mellor Canción de Rap: 21 Savage – “A Lot [ft. J. Cole]”

Mellor Álbum de Rap: Tyler, the Creator – IGOR

Rock

Mellor Álbum de Música Alternativa: Vampire Weekend – Father of the Bride

Mellor Álbum de Rock: Cage the Elephant – Social Cues

Mellor Canción Rock: Gary Clark Jr. – “This Land”

Mellor Actuación Rock: Gary Clark Jr. – This Land

Mellor Actuación de Metal: Tool – “7empest”

Música Latina

Mellor Álbum Latino de Rock, Urbano ou Alternativo: Rosalía – El Mal Querer

Dance ou electrónica

Mellor Álbum de Dance ou Electrónica: The Chemical Brothers – No Geography

Música para Medios Visuais

Mellor Videoclip: Lil Nas X and Billy Ray Cyrus – “Old Town Road”

Mellor Película Musical: Beyoncé – Homecoming

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.