Blacksad: Under The Skin, publicado antes de tempo

O videoxogo da desenvolvedora española Pendulo Studios apareceu nas tendas dixitais antes de tempo

O videoxogo da desenvolvedora española Pendulo Studios baseado na serie de tebeos tamén estatal Blacksad, creada por Juan Díaz Canales e Juanjo Guernido, apareceu onte nas tendas dixitais de Playstation e Xbox a pesar de estar listado para o 14 de novembro. Trátase dun erro técnico, segundo o comunicado emitido pola súa distribuidora, Microids.

Nese mesmo texto, a compañía invita a todo aquel que o adquirira que non xogue a Blacksad: Under The Skin ata a data sinalada, pois a versión publicada non é a versión final e conta con todo tipo de bugs que se corrixirán co xa habitual parche do día 1, que ofrecerá, entre outras cousas, “melloras no frame rate, arranxos para grandes erros ou música que falta”, segundo a nota da editora. O comunicado completo detalla a lista de problemas que se solucionarán co devandito parche:

Unha aventura detectivesca co entrañable John Blacksad

O anuncio de Blacksad: Under The Skin foi recibido con moito entusiasmo, pois a saga de Canales e Guernido ten un seguemento de culto no Estado español e ten detrás a un estudo como Pendulo, responsable, entre outras, de exitosas aventuras gráficas como Runaway ou The Next Big Thing (tamén coñecido como Hollywood Monsters 2).

A historia trasládanos a Nova York nos anos 50, coa morte do propietario dun ximnasio de boxeo e a desaparición dun dos púxiles de moda, Bobby Yale. A súa filla contrata a John Blacksad para investigalo e este atópase cun entorno no que a corrupción está á orde do día.

Trátase dunha aventura gráfica na que tendremos total control sobre o noso personaxe –non é un point-and-click clásico– na que as fases de investigación e os instintos felinos do protagonista se mesturarán con escenas tipo Telltale nas que as decisións do xogador teñen impacto sobre a trama. Ao parecer, segundo se vaian resolvendo –ou non– estes misterios e se tomen ditas decisións, a historia terá seis finais diferentes. Calcúlase que o tempo de xogo será dunhas doce horas.

Pódeche interesar...
As distintas caras de Blade Runner